O Concello pavimentará e ampliará servizos en 12 espazos públicos con 533.000 euros ao abeiro do Plan Único da Deputación

As actuacións acometeranse nas rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías, Casas Vellas e Flor de Lis (no barrio de Abella), Fonmiñá e Piñeiral (nas Gándaras), Esperante, e rúas Xesta e do Freixo (no centro)

Son obras “moi demandadas pola cidadanía e que xeran consenso político, pois moitas foron solicitadas polos propios grupos da Corporación”, subliñou o voceiro municipal

Mércores, 26 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este mércores a participación do Concello no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos impulsado pola Deputación, así como o investimento dos 500.000 euros asignados a Lugo ao abeiro deste programa á mellora e ampliación de servizos nunha ducia de espazos públicos da cidade e o rural. A esta contía, o Concello suma 33.189,32 euros, co que o importe total das actuacións ascende a 533.189,32 euros. Segundo explicou o voceiro municipal, Miguel Fernández, acometerase traballos de pavimentación e mellora de servizos en 11 rúas da cidade e unha urbanización no rural, “vías que facilitan a mobilidade, e obras moi demandadas pola cidadanía e que xeran consenso político, pois moitas foron solicitadas polos propios grupos da Corporación”, subliñou o Concelleiro.

 As actuacións e o investimento aprobado ao abeiro do Plan Único son as seguintes.

  • Pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella: 72.404,49€
  • Pavimentación e servizos en rúa Fonmiñá e Piñeiral, nas Gándaras: 128.597,77€
  • Pavimentación e servizos en rúa Flor de Lis, en Abella: 76.244,44€
  • Pavimentación e ampliación da rede de abastecemento na urbanización Bellavista, na parroquia de Esperante: 134.565,85€
  • Pavimentación e servizos na rúa da Xesta e do Freixo, na zona centro: 121.376,77€.

Audio

  • Miguel Fernández - Plan Único da Deputación| Descargar mp3

 

Noticias relacionadas