Daniel Piñeiro supervisiou as tarefas, duns 222.000 euros, que consisten na terminación da urbanización, na igualación das cotas das rúas, no alumeado público e en conectar o saneamento
- Tema

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este luns as obras que vén de iniciar a entidade local, por execución subsidiaria, de urbanización no polígono 2 Sector SUB-B da Louzaneta-As Areeiras. Ao tratarse dunha execución subsidiaria, o Concello reclamará o importe de adxudicación das obras á Xunta de Compensación ou no seu defecto a propia Xunta de Compensación deberá comunicar ao Concello quenes son os propietarios e que parte de propiedade teñen para reclamarlles a cantidade que corresponda a cada un.
As tarefas, dun orzamento duns 222.000 euros, consisten na terminación da urbanización, na igualación das cotas das rúas, no alumeado público e en conectar o saneamento. Unha vez rematadas será posible recepcionar o polígono 2 Sector SUB-B da Louzaneta-As Areeiras, dispoñendo a veciñanza de todos os servizos municipais axeitados.
Audio
- Daniel Piñeiro sobre as obras de urbanización da Louzaneta | Descargar mp3