O Concello de Lugo publica a modificación da localización dalgúns colexios electorais

Luns, 01 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Para evitar problemas á hora de exercer o dereito ao voto á cidadanía nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro domingo 7 de xuño, o Concello de Lugo fai pública a modificación na localización dalgúns colexios electorais de determinados distritos e seccións.

Aconséllase aos electores pertencentes aos distritos e seccións que se relacionan a continuación que comproben que as súas tarxeta censuais coincidan coa nova ubicación dos seguintes colexios electorais.

  • Distrito 2- Sección 18 Mesa A.- Na sede do INEM na (Ronda da Muralla nº 50) Antes votaban no Local da CEL -CISE en Montero Ríos.
  • Distrito 2 -Sección 18, Mesa B.- Na sede do INEM na (Ronda da Muralla nº 50) Antes votaban no Local da CEL -CISE en Montero Ríos.
  • Distrito 5- Sección 8.- INLUDES (antigo Fogar de Santa María) Ata o de agora votaban na Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social.