
O Concello de Lugo conmemora esta fin de semana o Día Nacional da Diabetes, que se celebra o 14 de novembro, iluminando de cor azul, no anoitecer de sábado e domingo, a fachada da Casa Consistorial onde tamén ficará pendurada unha lona indicativa desta efeméride.
Con este xesto, a Institución local pretende apoiar o traballo desenvolvido pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia (Anedia), impulsora da iniciativa, co obxectivo de concienciar á poboación sobre esta enfermidade crónica e autoinmunne coa que conviven máis dun milleiro de alumnas e alumnos dos centros educativos da comunidade e varios miles de galegos.
Este 2021 Anedia pon o foco no centenario do descubrimento da insulina o que supuxo un fito para os pacientes desta doenza que, pese a non contar cunha cura, puideron dispoñer desde ese momento dun tratamento.
A Administración local súmase este fin de semana ás reivindicacións do colectivo, colaborando ademais coa difusión da súa campaña de concienciación a través das redes sociais.