O Concello de Lugo expón o censo electoral para garantir o dereito de voto de todos os lucenses nas vindeiras eleccións autonómicas

Luns, 12 de xaneiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende o 12 ao 19 de xaneiro nas Oficinas da Administración Municipal, sitas na Ronda da Muralla 197, estará exposto ao público o censo electoral do Concello de Lugo.  O obxectivo é que todos os veciños e veciñas da cidade poidan comprobrar a corrección dos seus datos nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o día 1 de marzo.

O horario de consulta será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais e de 10:00 a 14:00 horas o sábado e o domingo.