O Concello de Lugo cualifica de “altamente satisfactoria” a reunión técnica entre as tres administracións para abordar o proxecto construtivo da Estación Intermodal

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, agradece “a colaboración e boa disposición e sintonía entre os equipos técnicos dos tres organismos que se mantén dende o primeiro momento”

Xoves, 05 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo cualifica de “altamente satisfactoria” a reunión técnica entre as tres administracións para abordar o proxecto construtivo da Estación Intermodal

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, cualifica de “altamente satisfactoria” a reunión mantida hoxe entre os técnicos do Adif, Xunta e Concello para presentar os avances do proxecto que se está a redactar para a construción da Estación Intermodal.

“Coma sempre, houbo unha gran colaboración entre todas as partes. O Adif presentou unha proposta de proxecto técnico para a nova infraestrutura que o persoal da administración autonómica acolleu con moita receptividade ao considerar que encaixa coa actuación que prevén para a futura estación de autobuses”, explicou o concelleiro.

Miguel Couto subliñou que a Comisión de Traballo manterase no tempo para seguir avanzando na folla de ruta xa establecida ao mesmo tempo que adiantou que, “no prazo de dous ou tres meses, agardamos ter xa o proxecto básico definitivo para esta Estación, tan necesaria para Lugo. Non podemos máis que alegrarnos, pois, pola boa disposición e a colaboración permanente amosada por tódalas partes dende que a rexedora, Lara Méndez, recuperou o debate da Intermodal para acadar que, moi pronto, sexa unha realidade e estea a disposición da cidadanía”.

Ao encontro acudiron ademais dos técnicos da Xunta, Adif e Concello o persoal da UTE adxudicataria da construción da Intermodal así como os resposables do proxecto construtivo da estación de autobuses e o propio responsable de Urbanismo Sostible.

Audio

  • O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, sobre a reunión co Adif (I)| Descargar mp3
  • O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, sobre a reunión co Adif (II) | Descargar mp3

Noticias relacionadas