O Concello de Lugo colabora un ano máis cunha nova edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

O encontro terá lugar os días 16 e 17 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

O edil Miguel Fernández puxo en valor a continuidade do evento e “o seu potencial para favorecer o intercambio de experiencias e a divulgación dos avances no sector”.

Luns, 06 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo colabora un ano máis cunha nova edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

O concelleiro de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, Miguel Fernández, participou esta mañá na presentación das XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Sociedade Cooperativa Galega Seragro.

Durante o acto, Miguel Fernández trasladou o seu apoio á organización do evento do que destacou a súa capacidade para posibilitar o intercambio de experiencias. “Trátase dun excelente marco para favorecer a divulgación dos últimos avances en investigación e para abordar cales son as ferramentas existentes que permitirán ao sector aproveitar os retos e desafíos aos que se enfrontan na actualidade”, sinalou o edil.

Fernández destacou, así mesmo que “Lugo é rural e ten vocación de rural, dada a importancia cuantitativa, polo volume da poboación que concentra, pero tamén porque supón o 80% do territorio, cun peso económico moi importante xa que aglutina en torno a 400 explotacións, 200 de carne e 200 de leite;  sendo o modo de vida de moitas familias do noso concello, polo que calquera mellora do municipio pasa polo seu desenvolvemento e modernización”, afirmou.

O encontro terá lugar os días 16 e 17 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Multimedia

  • O Concello de Lugo colabora un ano máis cunha nova edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

Noticias relacionadas