O Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para o servizo de extinción de incendios

A alcaldesa Lara Méndez e o rexedor Francisco Cajoto asinaban esta mañá o convenio de colaboración para a transferencia temporal do vehículo, actualmente inoperativo.

Martes, 27 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para o servizo de extinción de incendios

A alcaldesa de Lugo asinaba hoxe un convenio interadministrativo de colaboración co Concello de Foz polo que a administración local cede temporalmente á mariñá unha Auto – Bomba Rural Lixeira.

Un acordo polo cal, o vehículo – unha carroceta forestal - actualmente inoperativa, pasará a prestar servizo en labores de extinción e prevención de incendios no termo municipal de Foz.

Lara Méndez aproveitou a visita do rexedor Francisco Cajoto, para trasladarlle a súa vontade de cooperación en todo aquelo que dende o concello veciño poidan necesitar, “non só en base ás boas relacións que debemos manter con todas as institucións, senón tamén como mostra de responsabilidade coa que exercemos o noso labor político e no que priorizamos o aproveitamento dos recursos públicos en prol, sempre, da eficiencia económica dos organismos aos que representamos e servimos e do interese da cidadanía”.

Pola súa banda, Francisco Cajoto agradeceu a disposición do goberno local e a axilidade coa que se tramitou a transferencia, “unha dotación que será moi benvida e tamén de gran utilidade en Foz”, sinalou.

Multimedia

  • O Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para o servizo de extinción de incendios
  • O Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para o servizo de extinción de incendios

Noticias relacionadas