O Concello de Lugo adhírese á Declaración de Valladolid, contra o abuso e o maltrato na vellez, impulsado por CONFEMAC

Olga López Racamonde sinala que “o de Lugo se suma así a outros trece concellos do país co obxectivo de facer visible este problema oculto e loitar contra esta lacra social”.

A area de Benestar e Maiores xa colaborou anteriormente coa Confederación Estatal de Mayores Activos nunha campaña para fomentar o rexeitamento a este tipo de condutas.

Xoves, 13 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo adhírese á Declaración de Valladolid, contra o abuso e o maltrato na vellez, impulsado por CONFEMAC

A area de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo adhírese á Declaración de Valladolid contra o abuso e o maltrato ás persoas maiores e en defensa do bo trato, un apoio que se fai en vésperas do día mundial de toma de conciencia contra o abuso e o maltrato na vellez, que se celebra o vindeiro 15 de xuño. A edil de Benestar Social do Concello de Lugo, Olga López Racamonde, chamou a atención sobre “a importancia de facer visible esta realidade, moitas veces oculta, e loitar contra esta lacra social”.

O Executivo de Paula Alvarellos se suma así a preto de 15 concellos de toda España adheridos xa a este manifesto ademais de a varias institucións, fundacións e organizacións non gobernamentais, nunha iniciativa impulsada pola Confederación Estatal de Mayores Activos, CONFEMAC.

Desde este colectivo sinalan que esta realidade oculta e ocultada é unha violación dos dereitos humanos e está declarado pola OMS como un problema de saúde polas súas terribles consecuencias, polo que para a edil de Benestar Social “é moi necesario darlle visibilidade e dar a coñecer os recursos legais e institucionais aos que se pode acudir no caso de ter constancia destes feitos”. Ademais, Olga López Racamonde recoñece que “no municipio de Lugo temos unha alta porcentaxe de maiores que viven solos, e ao igual que traballamos por un envellecemento activo, temos a obriga de facelo, conxuntamente co resto de institucións, para eliminar o abuso e o maltrato neste colectivo, no que as mulleres maiores, dependentes e que viven solas e con escasos recursos, son as máis afectadas”.

Coa adhesión a esta declaración de Valladolid, o Concello de Lugo comprométese a levar a cabo plans específicos, ademais de protocolos de prevención, detección e intervención, segundo reflicte un dos puntos do manifesto. O obxectivo final e acadar un bo trato para os nosos maiores, nun compromiso común de toda a sociedade, e por antepoñer a dignidade e o respecto aos maiores por riba de todo.

Audio

  • A edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre o CONFEMAC | Descargar mp3

Noticias relacionadas