Fíxoo tras comprometerse a Alcaldesa o pasado martes nunha reunión coa veciñanza da zona, quen lle fixo chegar á rexedora a súa preocupación pola perigosidade deste paso de peóns dado a súa escasa visibilidade
- Tema
Venres, 21 de outubro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo atende as demandas dos veciños e veciñas da Avenida da Coruña e acomete o repintado dun paso de peóns e as respectivas liñas de seguridade para garantir a seguridade viaria. Fíxoo tras comprometerse a Alcaldesa, Lara Méndez, o pasado martes nunha reunión coa veciñanza da zona, quen lle fixo chegar á rexedora a súa preocupación pola perigosidade deste paso de peóns dado a súa escasa visibilidade.