O Alcalde recibe ó Conselleiro de Infraestruturas na súa visita ó polígono das Gándaras

Luns, 19 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá ó conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández que efectuou unha visita á primeira fase das obras de urbanización do polígono empresarial das Gándaras. Cando estea rematado este novo polígono empresarial Lugo pasará a ter 2,2 millóns de metros cadrados máis de solo para poñer á disposición das empresas.

 

Multimedia