Medio Rural continua cos traballos de mellora e acondicionamento das vias que aportan seguridade e facilitan os desplazamentos dos veciños e veciñas da zona

Martes, 04 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural continua cos traballos de mellora e acondicionamento das vias que aportan seguridade e facilitan os desplazamentos dos veciños e veciñas da zona

Dende a concelleria de Medio Rural estase a continuar cos traballos de mellora e acondicionamento das vias, traballos dos que se ocupa a brigada municipal, así o avanzou o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, durante unha visita a parroquia de Santa Maria Alta, onde avanzou que “a brigada realizou labores de rebacheo e rexeneracion, que melloran a seguridade viaria ó tempo que se facilitan os desplazamentos dos veciños e veciñas da zona”.

Deste xeito, rematou o acodicionamento de camiño no núcleo de Locai,parroquia de Santa Maria Alta, via moi utilizada pos veciños para as labores agricolas.Pola sua banda a Brigada do rural tras rematar labores de rebacheo na estrada entre O Santo Matias e Rebordaos na estrada de Friol deu comenzo á rexeneración da via que une o núcleo de Penarrubia na parroquia de Orbazai con O Veral estando previsto rematar esta parroquia e continuar nas limitrofes dentro da programación establecida.

Miguel Fernández destacou que “estas actuacións responden ás peticións veciñais e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, para fixar poboación e mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños”.

Noticias relacionadas