Medio Ambiente renova a rede de abastecemento das rúas Aviación Española e Rei don García para eliminar o fibrocemento

A Xunta de Goberno Local desta semana adxudicará os traballos para ámbalas dúas intervencións que supoñen un investimento de 245.442 euros.

As actuacións enmárcanse nun plan municipal, dotado con 1’2 millóns de euros, para erradicar a presenza desta substancia nas canalizacións da cidade que afectará a un total de 250 acometidas.

Martes, 23 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente renova a rede de abastecemento das rúas Aviación Española e Rei don García para eliminar o fibrocemento

A Xunta de Goberno Local adxudicará esta semana á empresa Construcciones Sanle Lugo S.L. as obras de renovación das redes de abastecemento nas rúas Aviación Española (156.131 €) e Rei don García (89.311 €).

Os traballos, que terán un prazo de execución de 7 e 4 meses, respectivamente, supoñen, no seu conxunto, un investimento de 245.442 €.

Ámbalas dúas actuacións enmárcase dentro do plan municipal que o executivo de Lara Méndez está a desenvolver para erradicar a presenza de fibrocemento nas canalizacións da cidade. Un obxectivo para o que a área de Medio Ambiente, que dirixe Álvaro Santos, consignou 1’2 millóns de euros.

As intervencións terán como finalidade a substitución das tubaxes actuáis por outras de fundición nun total de 250 acometidas da capital, 60 delas só nestas dúas rúas (33 en Aviación Española e 27 en Rei don García) co obxectivo de “mellorar os servizos públicos apostando ademais por infraestruturas máis eficientes que incrementarán tamén a calidade da prestación que xa se ofrece”, segundo sinalou Santos Ramos.

O edil de Medio Ambiente explicou, así mesmo, que, “logo de abordar xa os proxectos previstos para as rúas Bataneira e Figueira e Escultor Asorei, o cronograma establecido para desenvolver estas tarefas continuará desenvolvéndose por Armórica, a marxe dereita da avenida Marqués de Ombreiro e boa parte do barrio da Cheda que inclúe as rúas Río Landro, Eume, Pousadela, Masma, Sar, Pambre e Azúmara.

“De maneira que nos vindeiros meses, segundo os procedementos de contratación - xa en curso - se vaian resolvendo, se acometerán os traballos que comprenderán, ademais da substitución das canalizacións, a renovación completa das beirarrúas, que suman 6.550 metros de pavimento, para actuar dunha forma integral sobre estas vías”, concluíu Álvaro Santos.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o fibrocemento en Aviación Española e Rei don García | Descargar mp3

Noticias relacionadas