Medio Ambiente levará a cabo esta semana traballos urxentes de reparación no colector de saneamento de Fermín Rivera

O colector de saneamento a reparar sitúase no centro da calzada, polo que será necesario o desvío do tráfico polo lateral da zona de traballo co uso de semáforos auxiliares.

Este luns colocarase a sinalización informativa na vía e mañá comezarán as obras.

Luns, 06 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Medio Ambiente, levará a cabo esta semana traballos de reparación no colector de saneamento da rúa Fermín Rivera. Así o avanzou este luns, o tenente de alcaldesa e responsable da área, Miguel Fernández, quen subliñou que “se executarán labores de reparación neste colector con carácter urxente, debido á localización de filtracións dende o mesmo”.

Ao longo do día de hoxe, colocarase a sinalización necesaria nesta vía. “Será mañá, martes, cando se inicien os traballos, cuxa duración dependerá de como se atope o saneamento unha vez aberta a gabia”, apuntou Fernández.

O edil subliñou que “a regulación do tráfico no tramo afectado farase con semáforos auxiliares, permitindo, en todo caso, o paso de vehículos alternativamente en ambos os sentido segundo o plan de tráfico aprobado”. O colector de saneamento a reparar sitúase no centro da calzada, polo que resulta necesario o desvío do tráfico polo lateral da zona de traballo.

Noticias relacionadas