Lugo xa ten puntos para cargar vehículos eléctricos

Martes, 21 de xuño de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe, xunto co Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o Presidente da empresa E.ON, Miguel Antoñanzas, na inauguración do primeiro punto de recarga para vehículos que funcionan con enerxía eléctrica.

O Alcalde manifestou que coa instalación destas electrolineiras “Lugo dá un paso máis na utilización de enerxías que axudarán a reducir a contaminación do medio no que vivimos” e salientou que elo foi posible “grazas a cooperación coa empresa E.ON”.

Para o Alcalde “esta ten que ser unha aposta na que se involucren todas as institucións” e manifestou o seu desexo de que a creación dos puntos de recarga de enerxía eléctrica se extenda a máis lugares da cidade”.

Ademais, López Orozco avanzou que o Concello está disposto a asinar un convenio coa empresa E.ON, ó que se podería sumar a Consellería Economía e Industria para que a Policía Local de Lugo utilice motos que usen a enerxía eléctrica como combustible.

Lugo é a segunda cidade de España, despois de Santander na que se pon en marcha o proxecto de mobilidade eléctrica da empresa E.On en España. Este proxecto supón que parte da súa flota de vehículos de mantemento na nosa cidade será substituída por modelos Citröen C-Zero, que pode acadar unha velocidade de 130 km por hora e ten unha autonomía de 150 quilómetros, segundo explicou o Presidente de E.ON quen salientou que “a partir de hoxe Lugo aposta pola mobilidade eléctrica, que é unha enerxía máis limpa, mellora e máis barata, xa que o depósito do vehículo pódese cargar en poucas horas a un custe de dous euros.

As autoridades que participaron no acto fixeron un pequeno percorrido nun automóbil que emprega a electricidade como combustible, da marcha Citröen,

A electrolineira inaugurada hoxe está situada na rúa Angel López Pérez, nas proximidades do Cuartel da Policía Local. Con este son tres os puntos de recarga de enerxía eléctrica instalados pola empresa E.ON na nosa cidade. Os outros dous están situados nas rúas Cidade de Viveiro e Camiño Real, no centro de traballo de E.ON que terá unha zona de recarga para os vehículos da flota de mantemento da empresa.

Os puntos de recarga instalados en Lugo contan coa última tecnoloxía en recarga de vehículos en espazos abertos.

Multimedia

Noticias relacionadas