Lugo queda en silencio polas vítimas mortais dos devastadores incendios que arrasan Galicia

Luns, 16 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo queda en silencio polas vítimas mortais dos devastadores incendios que arrasan Galicia

A Corporación Municipal de Lugo, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, xunto ao Sarxento Xefe dos Bombeiros de Lugo, Miguel Vila, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos; participaron na concentración e minuto de silencio que tivo lugar este luns na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, en homenaxe ás catro vítimas mortais dos devastadores incendios que arrasan Galicia nas últimas horas, "dous días tristes para Galicia, onde vivimos unha situación que nos puxo a todos en modo de alerta", segundo os calificou a rexedora, quen avogou por traballar arreo para extinguir os incendios e que non prevalezcan máis no tempo.

O Concello de Lugo mantén ao longo de tres días as bandeiras a media hasta, como sinal de condena polos lumes que superan as 20 hectáreas de afectación. 

Audio

  • Lara Méndez, sobre os devastadores incendios que arrasan Galicia | Descargar mp3

Multimedia

  • Lugo queda en silencio polas vítimas mortais dos devastadores incendios que arrasan Galicia

Noticias relacionadas