Lugo conmemora o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Luns, 19 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo no Día do Cancro de Mama

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da corporación, participaron este luns na Praza Maior nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, organizados na capital lucense pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o grupo El Progreso, coa colaboración do Concello.

Lara Méndez colaborou na construción dun grande lazo composto por rosas de cor rosa, símbolo de loita contra esta enfermidade que ten unha incidencia anual en España de máis de 25.000 casos. O acto comezou coa lectura dun manifesto a cargo dunha afectada por esta doenza que afecta a unha de cada oito mulleres.

O Concello tamén se sumou aos actos deste día coa colocación dun gran lazo rosa no balcón da Casa Consistorial.

Noticias relacionadas