López Orozco salienta que a actuación do Ministro de Fomento debe ser "exemplo" para todas as administracións

Venres, 31 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, salientou hoxe que a actuación do Ministro de Fomento, o lucense José Blanco, “debe ser exemplo para todas as administracións, polo que espero que todas actúen como o fai o señor Ministro”. Así o dixo logo de coñecer a adxudicación publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado de adxudicación definitiva da nova ponte sobre o Río Miño, conexión da N-VI coas estradas N-543 e LU-612.

Tal e como recordou López Orozco, a adxudicación recaeu na empresa FCC Construcción e conleva un investimento de preto de 25 millóns de euros.

“Agora o máis importante”, destacou, “é que se poidan recortar os prazos co fin de facelo no menos tempo posible”. Neste sentido, López Orozco recordou que xa está habendo conversas entre a empresa e o Ministerio “para que os lucenses disfrutemos da ponte canto antes, superando os prazos de execución da obra”.

Noticias relacionadas