Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lugo

Mércores, 01 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lugo

A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu esta mañá a toma de posesión dun novo axente de Policía Local que pasará a desempeñar as súas funcións na Xefatura de Lugo.

Durante o acto, no que tamén estivo presente a edil responsable da área económica, Paula Alvarellos, a rexedora deulle a benvida a Pablo García pola súa incorporación ao Corpo lucense. “Sempre estamos encantados de seguir incrementando o número de efectivos municipais e de ampliar o cadro de persoal”, dixo ao tempo que lle desexou moita sorte no exercicio do seu labor “que seguro desenvolverás con dedicación e responsabilidade”.

Méndez fixo fincapé tamén nos esforzos que o Concello está a realizar, dende a concellería de Gobernanza, para dotar á Policía Local e aos servizos de emerxencia de recursos humanos, materiais e de formación co obxectivo último de protexer á cidadanía.

Multimedia

  • Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lugo
  • Lara Méndez preside a toma de posesión dun novo axente de Policía Local que se incorpora á Xefatura de Lug

Noticias relacionadas