Lara Méndez inaugura a pasarela sobre a N-VI que conectará de xeito seguro a trama urbana da cidade coa contorna do Miño

A alcaldesa sostén que “con esta apertura seguimos a traballar por unha nova mobilidade sostible en Lugo con accesos peonís e para bicicletas co fin de evitar o uso dos vehículos”.

O proxecto enmárcase dentro da estratexia DUSI, Muramiñae coa que tamén se melloran outros accesos ao río e coa que se executan novos equipamentos de ocio, como as Caldas.

O acto inaugural tivo lugar na previa do partido entre o CD Lugo e o Burgos CF. A ponte iluminarase sempre coas cores albivermella en cada partido para animar ao equipo local.

Sábado, 29 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez inaugura a pasarela sobre a N-VI que conectará de xeito seguro a trama urbana da cidade coa contorna do Miño

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este sábado, xunto con afeccionados do CD Lugo e membros dos clubs que adestran e compiten nas instalacións deportivas da contorna fluvial, a nova pasarela peonil sobre a N-VI, promovida no marco da estratexia DUSI Muramiñae co fin de mellorar a accesibilidade ao río desde a trama urbana.

Con esta ponte créase un novo itinerario seguro para peóns e bicicletas que vai a favorecer a continuidade do casco urbano á zona do Miño, pois ata o de agora soamente existían accesos peonís mediante pasos inferiores, ademais de reducir a dependencia do uso do vehículo e mellorar a seguridade viaria.

“Hoxe é un día importante para a cidade xa que dispoñemos dunha nova infraestrutura para que os nosos nenos e a mocidade poidan trasladarse a realizar deporte e gozar das oportunidades de ocio que ofrece o río de maneira segura, andando ou en bicicleta”, sostivo a rexedora, que sinalou que se beneficia toda a cidadanía, “tamén os miles de seareiros que acoden cada quince días ao Anxo Carro”, facéndolle unha chiscadela aos afeccionados do CD Lugo presentes na inauguración.

Méndez aludiu tamén que esta pasarela “é unha das obras que estamos a executar para a transformar a mobilidade da cidade, que sempre viviu de costas ao Miño, para convertela en cidade que prolonga os espazos públicos para o seu uso público, apostando pola sostenibilidade e tendo sempre en conta o coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático”.

Neste senso, lembrou que o Concello está traballando tamén na mellora doutros accesos ao Miño como a ampliación do paso soterrado da N-VI, e avanzou que en breve comezará a executarse a peonalización desde a Calzada da Ponte ata a nacional. Ao mesmo tempo, se están construíndo novos equipamentos de uso público e gratuíto, “como as caldas e a praia fluvial, que permitirán non só impulsar as actividades a desenvolver na contorna fluvial, senón que a cidade gañe un novo recurso cultural, de recreo e turístico”.

A rexedora destacou que “queremos que a pasarela sexa tamén un símbolo de orgullo de cidade, xa que, gracias a iluminación ornamental que instalamos no exterior, e que complementa á interior de led branca ao longo de todo o pasamáns inferior, a infraestrutura pode adoptar diferentes cores. Así, por exemplo, os días que o CD Lugo dispute os seus partidos no Anxo Carro, iluminarase coas cores albivermellas para animar ao noso equipo”. Así mesmo, a pasarela sumarase aos edificios municipais que se iluminan en distintos días do ano para darlle visibilidade a numerosas accións que nos solicitan ás asociacións e colectivos”.

Durante o acto de inauguración, que tivo lugar na previa do partido entre o equipo albivermello e o Burgos CF, de Segunda División, levouse a cabo o descubrimento dunha placa conmemorativa. Ademais, tamén houbo unha actuación a cargo do Espazo de Danza da USC e unha chocolatada e sesión de música co DJ Marcos Peón.

Características técnicas

Trátase unha pasarela de pavimento antideslizante e de arco metálico rebaixado, que se considera o máis adecuada debido á súa luz libre de 45 metros, apoiada en dous estribos de formigón, circulares de 1,5 metros de diámetro, que á súa vez sirven de apoio ás rampas de acceso, tamén metálicas e con trazado helicoidal.

O acceso norte realizase dende o actual paso de peóns sobre o ramal de enlace coa N-VI, para o que se acondicionou un camiño peonil que discorre entre os ramais do enlace dirección Madrid-Lugo e Lugo-Coruña, de xeito que se comunica o paso de peóns coa isleta na que se sitúan as rampas de acceso. O acceso sur comunica a rampa cun paso de peóns existente no entorno do aparcadoiro, e este á súa vez, coa beirarrúa que bordea o complexo deportivo.

O orzamento deste proxecto, enmarcado dentro da estratexia DUSI Muramiñae, da Muralla ao Miño, cofinanciada ao 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), é 971.250 euros.

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a pasarela da N-VI | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez inaugura a pasarela sobre a N-VI que conectará de xeito seguro a trama urbana da cidade coa contorna do Miño

Noticias relacionadas