Lara Méndez e Ana González participan nos actos do Día da Muller do sindicato UGT

O colectivo denunciou o teito de cristal que impide que as mulleres cheguen a postos de responsabilidade así como a inferioridade nas taxas de actividade e ocupación das mulleres

Luns, 07 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Ana González participan nos actos do Día da Muller do sindicato UGT

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participaron este luns na Casa Sindical nos actos do Día da Muller organizados polo sindicato Unión General de Traballadores (UGT). No acto, no que se homenaxeou a Milagros Cazón Seijas coa Distinción Muller Traballadora en recoñecemento ao seu traballo sindical, o colectivo denunciou o teito de cristal que impide que as mulleres cheguen a postos de responsabilidade así como a inferioridade nas taxas de actividade e ocupación das mulleres. Do mesmo xeito, reivindicaron unha igualdade de condicións laborais, o mesmo salario e un reparto equilibrado na atención ás responsabilidades familiares. 

Noticias relacionadas