Iria Buide visita a escola Fingoi 2

A edil de Educación explicou á directiva e á anpa do centro o proceso para habilitar o servizo comedor no centro.

Buide: "desde a concellería de Educación tendemos a man para que este servizo se poida prestar no centro unha vez a Xunta cumpra cos requisitos requeridos".

Venres, 09 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide visita a escola Fingoi 2

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitou a escola Fingoi 2, onde explicou á directiva do centro e á anpa o proceso que permitirá prestar o servizo de comedor no colexio. Buide afirmou que o Concello de Lugo habilitará o servizo "no menor prazo de tempo posible unha vez se conclúa o trámite administrativo previo, traballo que ten que realizar a Xunta de Galiza para o cal contará coa máxima colaboración do Concello".

Iria Buide destacou que o servizo de Comedores Escolares contén condicións "superiores ás recentemente lexisladas polo Goberno do estado". Buide destacou o compromiso da concellería de Educación por "promover hábitos de vida saudables, cos comedores escolares dando comida de calidade e proximidade e con iniciativas como os Vieiros Escolares, que promoven a actividade física".

As familias poden desfrutar deste servizo nos distintos colexios por un prezo de 3.96€ ao día usuarios fixos do servizo de comedor (que poderán solicitar días soltos da semana ou os 5 días), mentres que para os esporádicos é de 5,06€. O servizo de madrugadoras e madrugadores conta cun prezo único de 1,98€ ao día e permite a entrada nos centros en diferentes quendas a partir das 7:30 da mañá. As familias poden obter máis información sobre os comedores escolares a través da páxina web do Concello de Lugo ou nas oficinas da concellería de Educación.

Audio

  • A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, sobre a visita á Escola Fingoi 2 | Descargar mp3

Multimedia

  • Iria Buide visita a escola Fingoi 2
  • Iria Buide visita a escola Fingoi 2

Noticias relacionadas