Iniciadas as tarefas de mellora do abastecemento no Paseo Álvaro Cunqueiro, nas que o Concello inviste 24.700 euros

Substituiranse as tubaxes de fibrocemento existentes na actualidade por outras de fundición dúctil co obxectivo de garantir unha óptima calidade no subministro aos veciños e veciñas da zona

Martes, 21 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de iniciar as obras da renovación da rede de abastecemento no Paseo Álvaro Cunqueiro, no barrio da Ponte. Así o deu a coñecer o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen lembrou que se substituirán as tubaxes de fibrocemento existentes na actualidade por outras de fundición dúctil, co obxectivo de garantirlle unha óptima calidade no subministro aos veciños e veciñas da zona, dada a antigüidade de dita subministración. As tarefas, cun orzamento de 27.400 euros, contemplan tamén a reposición do pavimento afectado polas obras.

Manuel Núñez destacou a vontade do Concello de seguir mellorando as prestacións públicas, tanto de abastecemento como de saneamento, coa finalidade de disminuir as incidencias que se poidan ocasionar porque o sistema se quedara obsoleto. Nesta liña, o edil lembrou outras actuacións que o Concello levo a cabo na cidade para garantirlle á veciñanza as boas condicións dun servizo público, como son o abastecemento en Fontiñas ou melloras no saneamento en Recatelo, Ramón Montenegro, Armanyá ou no núcleo antigo de Casás.

Noticias relacionadas