Goberno e grupos políticos municipais reuniranse o 4 de xaneiro para determinar o modelo de xestión da ORA

Constituída a Comisión de Traballo para sacar adiante o expediente de municipalización do servizo, en cumprimento do aprobado en Pleno o día 1 

Venres, 11 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Goberno e grupos políticos municipais reuniranse o 4 de xaneiro para determinar o modelo de xestión da ORA

A Comisión de Traballo aprobada por unanimidade no Pleno do 1 de decembro para sacar adiante o expediente de municipalización da ORA constituíuse este venres durante unha xuntanza celebrada no Salón de Plenos. Nela, o Goberno e os grupos políticos municipais emprazáronse a un novo encontro para o vindeiro día 4 de xaneiro, ás 16:00 horas, co fin de determinar o modelo de xestión do servizo de regulación de aparcamentos na vía pública.
Segundo explicou a Alcaldesa, Lara Méndez, “son precisos catro informes, pero antes de que os técnicos se poñan a traballar neles temos que decidir o modelo”, pois pode ser de pago ou gratuíto, xestionado directamente pola entidade local, por un organismo autónomo ou unha sociedade pública, entre outras alternativas.
Da Comisión de Traballo constituída hoxe forman parte a rexedora, tres membros do Goberno, tres do Partido Popular, e un por cada un dos catro restantes grupos políticos municipais (Lugonovo, BNG, Cidadáns e ACE), xunto a un representante da Xunta de Persoal, un do Comité de Empresa, o secretario da Corporación, o interventor, os xefes de Contratación, Persoal e Enxeñería, o responsable do Gabinete de Tráfico, o asesor xurídico e o responsable do servizo de Transportes.

Noticias relacionadas