Este venres, último paseo De Tapas polo Camiño Primitivo

As persoas interesadas aínda poden inscribirse na Oficia Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982-251-658. O punto de partida é a Tinería, con chegada á Ponte Romana

Mércores, 12 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este venres, 14 de setembro, celebrarase o último paseo De Tapas polo Camiño Primitivo, que organiza o Concello de Lugo. Todas as persoas interesadas en particpar aínda poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982-251-658. O punto de partida desta alternativa, cuxa inscrición é de balde, coa posibilidade de tapear durante a andaina nos distintos establecementos, é a Tinería. Rematará na Ponte Romana. 

Anteriormente celebráronse outros 5 percorridos ao longo do Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio, nos que participaron unhas 70 persoas, coa presenza de visitantes de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Valencia.

Para este mes de setembro, o Concello ten preparados dous roteiros fluviais, dirixidos á mocidade, un ás Cataratas do Ézaro e outra ao Encoro de Belesar, os sábados 15 e 22, respectivamente. A estas rutas tamén lle hai que sumar as andainas da programación de Terras de Auga e Cultura, que se celebran todos os domingos polo rural de Lugo.

Audio

Noticias relacionadas