En marcha as obras para a construción dunha rotonda entre as rúas Mar Cantábrico, Santo Graal e Poeta Manuel María, o que poderá producir cortes de tráfico

As tarefas, que leva a cabo o Concello, cun orzamento de 90.200 euros e un prazo de execucución de 4 meses, buscan mellorar a seguridade viraria nun cruce con gran complexidade e  mellorar a fluidez da circulación

En Santo Graal, completarase a actuación con obras de rehabilitación de firme, pois atópase cun estado superficial inadecuado. O orzamento destas tarefas é de preto de 165.000 euros e o prazo de execución dos traballos é 6 meses

Venres, 24 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
En marcha as obras para a construción dunha rotonda entre as rúas Mar Cantábrico, Santo Graal e Poeta Manuel María, o que poderá producir cortes de tráfico

Os traballos destinados a construír unha rotonda na intersección entre as rúas Mar Cantábrico, Santo Graal e Poeta Manuel María veñen da arrincar co obxecto de mellorar a seguridade viaria nun cruce cunha gran complexidade na interferencia das traxectorias dos vehículos rodados, o que xeraba inseguridade na circulación á cidadanía.

As tarefas, que leva a cabo o Concello, cun orzamento de 90.200 euros e un prazo de execución de 4 meses, buscan tamén mellorar a fluidez da circulación. Para elo, a entidade local creará unha glorieta de 21 metros de diámetro, ou con radio interior central de 4m ou cun solo carril na calzada anular de 6,54m de ancho, con pavimento de formigón impreso na isleta central da mini-glorieta. As actuacións contemplan a demolición do pavimento de calzada existente e a súa reposición, así como a nova sinalización da miniglorieta e a substitución da existente na contorna da mesma para adaptarse á nova configuración de sentidos de circulación plantexados, reubicación de varios puntos de luz e colocación de arquetas. Por todo isto, haberá cortes puntuais e breves de tráfico, tentando causar os menos inconvintes posibles á veciñanza da contorna.

En Santo Graal, completarase a actuación con obras de rehabilitación de firme, pois atópase cun estado superficial inadecuado con múltiples zonas de grietas e pavimento cuarteado. O orzamento destas tarefas, que xa arrincaron, é de preto de 165.000 euros e o prazo de execución dos traballos é 6 meses. Ademais, nesta rúa, instalaranse pasos de peóns elevados, tras diversas peticións veciñais.

Con esta novas novas intervención de mellora, o Concello continúa apostando por mellorar as dotacións nos distintos barrios de Lugo, e por garantirlle aos veciños e veciñas servizos públicos de calidade, que faciliten o seu día a día.

Audio

  • O edil Manuel Núñez sobre a construcción da rotonda | Descargar mp3

Multimedia

  • En marcha as obras para a construción dunha rotonda entre as rúas Mar Cantábrico, Santo Graal e Poeta Manuel María, o que poderá producir cortes de tráfico

Noticias relacionadas