Da comezo a peonalización de Quiroga Ballesteros

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron os traballos realizados hoxe, entre os que se atopan as modificacións no percorrido do tráfico e a protección da contorna “Con esta actuación, a práctica totalidade do casco histórico estará humanizado”, declarou Rubén Arroxo

Luns, 14 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Da comezo a peonalización de Quiroga Ballesteros

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o inicio dos traballos de peonalización na rúa Quiroga Ballesteros, que no día de hoxe consistiron na preparación da contorna para a circulación alternativa do tráfico e a protección da área a intervir. “Con esta actuación contaremos coa práctica totalidade do casco histórico humanizado e convertido en espazo peonil”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “estamos a falar dunha das zonas máis importantes da cidade, con instalacións históricas como a Praza de Abastos e o Mercado Municipal”

O proxecto inclúe a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil.  A obra foi adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€, e ten un prazo de execución de 10 meses. No inicio das obras realizado hoxe, procedeuse ao corte da rúa ao tráfico e á preparación para o inicio dos traballos.

“No prazo dun ano a mobilidade no centro de Lugo terá como centro ás persoas coa conversión en áreas de paseo zonas tan emblemáticas como a Mosqueira ou Quiroga Ballesteros” afirmou Rubén Arroxo.

Cambios nas liñas de bus urbano

As liñas 7A e 8 mudarán o seu percorrido, como medida temporal até a entrada en funcionamento das novas liñas, que xa contemplan a peonalización desta rçua

As paradas da rúa Montevideo, da praza de Santo Domingo e da Rúa Castelao deixarán de ter servizo destas liñas, que pasarán a percorrer e realizar paradas pola Ronda da Muralla, Rúa Vilalba, Avenida Anxo López Pérez e Montero Ríos, onde continuarán co seu percorrido habitual.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a peonalización de Quiroga Ballesteros | Descargar mp3

Multimedia

  • Da comezo a peonalización de Quiroga Ballesteros

Noticias relacionadas