Concello e ONCE presentan o cupón do vindeiro día 11, dedicado á rúa da Raíña, dentro da serie “a pie de calle”

A Organización Nacional de Ciegos escolleu esta vía como emblema de Lugo e será imaxe do sorteo do vindeiro martes, nunha iniciativa na que seleccionaron 50 cidades.

A Alcaldesa destacou o labor de promoción desta iniciativa, “que fará que esta vía e Lugo sexan coñecidas en todo o país, grazas á posta a venda de cinco millóns de cupóns”.

O delegado territorial da Once en Galicia explicou que se elixiu a rúa da Raíña “pola súa importancia, como punto neurálxico do Lugo contemporáneo”.

Xoves, 06 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e ONCE presentan o cupón do vindeiro día 11, dedicado á rúa da Raíña, dentro da serie “a pie de calle”

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presentou esta mañá, xunto ao delegado territorial da Once en Galicia, Manuel Martínez, o cupón que a citada organización porá a venda o vindeiro martes, día 11, e que ten como imaxe protagonista a rúa da Raíña. Este sorteo forma parte dunha serie ideada polo grupo social para dar a coñecer algunhas das vías máis emblemáticas e importantes de ata 50 cidades españolas, baixo o lema “A pie de calle”. Así, o martes que vén, a ONCE repartirá sorte con cinco millóns de cupóns en todo o país, coa imaxe da rúa lucense. Na presentación tamén participaron a concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, e o director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnes.

Paula Alvarellos agradeceu á ONCE ter pensado na cidade de Lugo e destacou que “a de a raíña é unha das rúas máis emblemáticas e dinámicas de Lugo, cun importante tecido comercial e empresarial, e que simboliza ademais a evolución dunha cidade cara ao centro peonil”. Ademais, a Alcaldesa sinalou que, ao marxe da cuestión de promoción, “para o Concello de Lugo é unha honra formar parte da iniciativa desta organización, que desde hai máis de 85 anos traballa para que as persoas cegas ou con discapacidade visual teñan unha inclusión social plena, pero tamén oportunidades para a súa inserción no mercado laboral”.

Pola súa banda, o delegado territorial da axencia lembrou que “o cupón é esa presentación social do que facemos, e do que somos, porque as vendedoras e vendedores da ONCE forman parte da paisaxe das nosas rúas e integran tamén ese labor social”. Manuel Martínez explicou que esta serie “fai un percorrido polas vías máis emblemáticas de 50 cidades, cheas de vida e de xente que as pasea de un lado a outro. Son as mesmas rúas polas que a ONCE levan a ilusión e a sorte”.

No transcurso da presentación do cupón da rúa da Raíña, tanto a Alcaldesa como a edil de Benestar social fixeron fincapé no importante labor da ONCE, que “presta axuda a máis de 73.000 persoas,800 delas en Galicia, tanto a nenos como a maiores, a ter esa autonomía persoal ao tempo que traballa para mellorar a súa inclusión en moitos ámbitos da sociedade, como poden ser a Educación, a cultura, o deporte, as novas tecnoloxías ou o ocio”.

Por último, a Alcaldesa animou a mercar sorte e ilusión sempre, pero de xeito especial no sorteo do vindeiro día 11 de xuño, no que Lugo e a rúa da Raíña serán protagonistas” e quedou en manter conversas para, de cara ao ano que ven, facer coa ONCE un cupón dedicado á festa do Arde Lvcvs polas súas vodas de plata.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre a Once en Galicia | Descargar mp3
  • O delegado territorial, Manuel Martínez, sobre a Once en Galicia | Descargar mp3

Multimedia

  • Concello e ONCE presentan o cupón do vindeiro día 11, dedicado á rúa da Raíña, dentro da serie “a pie de calle”
  • Concello e ONCE presentan o cupón do vindeiro día 11, dedicado á rúa da Raíña, dentro da serie “a pie de calle”

Noticias relacionadas