A concellería de Medio Rural aborda a mellora da rede viaria de Bascuas

Os traballos de rexeneración, que tiveron un custo de 25.311 euros, incluíron a limpeza de calzada e cunetas e a extensión dunha capa de aglomerado en quente.

Luns, 20 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Rural aborda a mellora da rede viaria de Bascuas

A concellería de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández vén de abordar a mellora das conexións viarias en Bascuas.

As obras de rexeneración, que supuxeron un investimento municipal de 25.313 euros, consistiron na adecuación dun dos viais, de 420 metros de lonxitude, que conforman a rede de comunicacións no núcleo de Daquelcabo, atravesando unha parte do mesmo  ata chegar a outro cruzamento con outro camiño municipal.

“A capa de rodadura da calzada estaba en moi en mal estado de xeito que se asumiu a execución da limpeza, tanto do firme como das cunetas en ambas as marxes, e procedeuse a botar dunha capa de aglomerado en quente”, explicou o responsable de área.

Miguel Fernández indicou igualmente que “a intervención obedece á necesidade de atallar as deficiencias que presentaba a vía, debido ao seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas, o que redundará no incremento da calidade das dotacións públicas e da seguridade viaria”, concluíu o edil.

Audio

  • O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre o arranxo na rede viaria de Bascuas | Descargar mp3

Noticias relacionadas