A concellería de Medio Ambiente inicia a ampliación e remodelación do parque infantil de Montirón

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil Miguel Fernández supervisaron o inicio dos traballos en resposta ás demandas que a veciñanza lle fixo chegar á rexedora para acondicionar este espazo.

Co obxectivo de favorecer a inclusión, a área de xogos incorporará novos elementos atractivos e accesibles para crianzas con diversidade funcional.

Mércores, 21 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Ambiente inicia a ampliación e remodelación do parque infantil de Montirón

Comeza a remodelación integral da área infantil de Montirón, situada na Praza de San Xoán.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisaron o inicio dos traballos que responden ás peticións que a veciñanza da zona lle trasladou á rexedora local.

O Concello segue avanzando, así, na renovación e mellora dos parques da cidade, atendendo ás demandas das persoas residentes nos diferentes barrios da capital e que, neste caso, instaban ao acondicionamento do recinto debido a que o aumento de vivendas e de usuarios das dotacións da contorna redundou tamén no seu desgaste.

A actuación – segundo indicou a alcaldesa - “permitirá mellorar considerablemente toda a configuración do recinto, incrementando o seu atractivo e capacidade integradora xa que disporá de elementos novidosos e accesibles para crianzas con diversidade funcional”.

Pola súa banda, o responsable de Medio Ambiente deu conta, alén, de que os labores previstos, que suporán un investimento municipal de 46.400 euros, inclúen a reparación e adaptación dos xogos existentes, mediante o seu lixado, pintado, barnizado e a reposición de pezas deterioradas; a renovación completa do solo da área de xogos (252m²) na que se instalará pavimento de caucho en diversas cores, así como a substitución do valado de madeira existente, o que mellorará substancialmente, en conxunto, a súa confortabilidade.

“Instalaranse, ademais, dous novos elementos: un multixogo con torre e tellado - no que as crianzas gozarán de tobogán, rede de escalada, paneis lúdicos e mostradores, balcón e escaleira – e un columpio accesible”, explicou Miguel Fernández.

A intervención, que terá un prazo de execución aproximado de dous meses, segue a outras executadas este mesmo ano polo Goberno de Lara Méndez, como as acometidas nas áreas da Avenida das Américas, San Roque ou Río Mandeo, e precederá a outras similares proxectadas na Fonte dos Ranchos, o Castiñeiro ou o Campo Castelo.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o inicio das obras no Parque de Montirón | Descargar mp3

Multimedia

  • A concellería de Medio Ambiente inicia a ampliación e remodelación do parque infantil de Montirón

Noticias relacionadas