A concellería de Infraestruturas unificará o mantemento das caldeiras dos edificios municipais

Alexandre Penas: “trátase dunha medida que xa aplicamos cos ascensores municipais e que nos permitirá aforrar en reparacións”

A licitación abrirase en dous lotes “para facilitar que a Xunta se faga cargo doa calefacción dos colexios”

Venres, 20 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas unificará o mantemento das caldeiras dos edificios municipais

Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas estase a ultimar o prego para o servizo de mantemento das caldeiras instaladas nos edificios municipais. Segundo Alexandre Penas, “desta maneira, aforrarase no mantemento das 62 caldeiras que xestiona o concello, ademais de evitar unha gran parte das avarías, grazas ao mantemento preventivo que realizará a empresa”.

Segundo Alexandre Penas, “o contrato sairá a concurso en dous lotes, cun orzamento de licitación de 61.105€”. Alexandre Penas agradeceu “o traballo que está a realizar o persoal da concellería de infraestruturas, desde as súas casas, durante estes días”. Alexandre Penas informou que “nos vindeiros días agardamos poder continuar a sacar adiante novos proxectos que melloren a cidade”.

Alexandre Penas lembrou que “no pasado mes de novembro entrou en vigor o contrato de mantemento de ascensores dos edificios municipais, que permite ao concello aforrar máis de 110.000€ cada ano”. Segundo Alexandre Penas, “dende a concellería de Infraestruturas continuamos a traballar para gañar en calidade nos servizos ao mesmo tempo que aforramos cartos á veciñanza”.

Facilidades para que a Xunta se faga cargo das caldeiras nos centros de ensino

No prego que prepara a concellería de Infraestruturas, o primeiro lote incluirá as caldeiras dos 44 edificios municipais, mentres que o segundo está formado por 18 centros de ensino. Segundo explicou Alexandre Penas, “facemos esta división en lotes para facilitar a transferencia á Xunta de Galiza do mantemento da calefacción dos centros de ensino”.

Audio

  • O edil Alexandre Penas, sobre o prego das caldeiras municipais | Descargar mp3

Noticias relacionadas