Domingo, 28 de marzo de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

Os bombeiros de Lugo, desprazáronse na madrugada do domingo á parroquia de San Vicente de Pías, para levar a cabo a extinción dun incendio no interior dunha vivenda unifamiliar.
O servizo de extinción, alertado polo CIAE 112 Galicia, desprazou ao lugar do incendio un tren de saída composto por un vehículo Autobomba e un vehículo en altura. A dotación, composta por seis efectivos do SPEIS, conseguiu controlar o incendio e restablecer a normalidade.
A pesar dos danos materiais ocasionados polo incendio, non houbo que lamentar feridos, posto que as persoas que habitaban o inmoble conseguiron poñerse a salvo.