Comunicado de prensa do Corpo de Bombeiros

Mércores, 05 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio á cidadanía

  • Ás 20.24h, do día de onte catro efectivos do corpo de Bombeiros do Concello de Lugo: un cabo e tres bombeiros conductores, acudiron a Avenida Adolfo Suárez tras recibir unha chamada da Policia Local de Lugo. Tres persoas estaban atrapadas no interior do ascensor situado na mesma calle, xa que o mecanismo de apertura fallou.

Os efectivos do SPEIS, pocederon ao desbloqueo do mesmo cun desenlace sen consecuencias para os cidadáns.

Medios desprazados para a intervención:

    • FUV (Furgón de Útiles Varios).
    • BUL 1 ( Autobomba Urbana Lixeira).
  • Fontes do SPEIS informaron que ás 23:48h do 4 de xaneiro, recibiron unha chamada do 112 solicitando axuda para a mobilización dun paciente desde o domicilio, sito en San Xoan de Pena ata a ambulancia dos servizos sanitarios. Para efectuar a intervención mobilizaronse un cabo e catro bombeiros nun BUL 2 (Autobomba Urbana Lixeira).

Noticias relacionadas