COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Xoves, 28 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Control de establecementos

O dispositivo de axentes do Grupo Operativo Nocturno destinado ao control e inspección de establecementos de lecer nocturno durante a pasada fin de semana confeccionaron acta - denuncia a un local da rúa Tinería por dúas presuntas irregularidades, unha delas por infracción grave á Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, por incumprir o horario máximo de peche, que podería ser sancionado con multa de 301 a 30.000 euros; e outra por infracción á Ordenanza Municipal de Contaminación Acústica, pola instalación e uso de aparellos musicais sen autorización.

Venda ambulante sen autorización

Os axentes que formaban parte do dispositivo organizado para o control e vixilancia do mercadillo celebrado o venres 22 no Parque da Milagrosa, confeccionaron acta - denuncia por unha presunta infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, coa identificación dunha persoa que ocupaba a vía pública para a venda ambulante sen autorización.

Ataque de can solto

Durante a tarde do sábado, a Sala do 092 recibe comunicación sobre un can solto que atacou a outro can. Trasládase ao lugar un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que observa a un home suxeitando a un can da raza Husky, o cal inicialmente se atopaba solto e atacaría ao can doutra muller, que tamén se atopaba presente e que di que o seu animal sufriu unha dentada do Husky e que levoullo para casa, negándose a mostralo aos axentes e a presentar a súa documentación, engadindo que o levaría ao veterinario e logo pensaría se presentar denuncia polo sucedido.

Os axentes proceden á identificación do animal presunto agresor e do seu propietario, que fai acto de presenza antes que o lacero, que fora requirido para facerse cargo do animal. O home manifesta que o can posiblemente escapóuselle á súa nai. O home foi denunciado por unha infracción á Lei de Benestar de Animais de Compañía de Galicia, por non adoptar as medidas necesarias para impedir que o animal poida acceder libremente ás vías ou espazos públicos ou privados.

A propietaria do can presuntamente agredido tamén foi denunciada pola falta do identificación do animal, xa que, a pesar de que os axentes contactaron con ela en días posteriores, negouse en todo momento a facilitar a lectura do microchip e a documentación identificativa do mesmo.

Auxilio a cidadáns

Durante a tarde do xoves, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada nun domicilio da rúa Lamas de Prado, onde unha muller caeuse e era incapaz de levantarse. Os axentes comproban que non require asistencia sanitaria e auxilian á muller para que poida sentar na súa cadeira de rodas.

Similar requirimento aténdese sobre as 3’45 horas do domingo 24, nun domicilio onde unha muller non é capaz de levantar á súa nai, que se caeu ao chan, sendo auxiliada polos axentes, que colaboran para que poida tenderse sobre a cama.

Durante a mañá do sábado 23, recíbese coñecemento, na Sala do 092, dunha persoa que parece necesitar axuda nunhas galerías comerciais da Avenida da Coruña. Os axentes comproban que se trata dun home que se atopa durmido e en presunto estado de embriaguez, pero que manifesta non necesitar auxilio, ausentándose cara ao seu domicilio.

A primeira hora da mañá do sábado 23, a Sala do 092 comisiona un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio na rúa Tui, onde, segundo chamada telefónica, hai unha persoa tendida no chan e que necesita axuda. Os axentes comproban que se trata dun home, presuntamente baixo a influencia do alcol e/o drogas, que é evacuado por unha ambulancia ao HULA, sendo acompañados os sanitarios por un axente, xa que o home mostraba comportamentos agresivos.

Na mañá do domingo 24 os axentes asisten a unha persoa tirada en Camiño Real, en presunto estado de embriaguez e con forte dor nas costas. O home é evacuado por unha ambulancia para unha valoración médica máis completa.

Ás 5’30 horas do mércores 27, a Sala do 092 recibe aviso do 112 sobre unha persoa caída na vía pública, fronte a un establecemento da rúa Tui. Os axentes comproban que se trata dun home, en presunto estado de embriaguez e que se queixaba dunha forte dor nunha perna, polo que se require a presencia dunha ambulancia, que procede ao seu traslado a un centro sanitario.

Noticias relacionadas