
Control de establecementos
Durante o control e inspección de establecementos levados a cabo pola Unidade Territorial de Policía de Barrio, detectáronse e denunciáronse as seguintes irregularidades:
Inspección en establecemento de hostalería situado na rúa Tui: os axentes que formaban parte do dispositivo comproban que, ás 8’40 horas do sábado 16, o local supera o aforo máximo permitido, achándose no interior 40 persoas, cando admite unha capacidade máxima de 25, motivo polo cal proceden a confeccionar a correspondente acta – denuncia, polo que constitúe unha infracción grave á Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia.
Tamén se procede á identificación dun suxeito que, ante a chegada do dispositivo policial, consome unha substancia contida nun envoltorio plástico, presuntamente estupefaciente, impregnándoa nun dos seus dedos e introducíndoa na súa boca; polo que se confecciona acta denuncia por presunta infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por consumo de droga nun establecemento público.
Durante esta actuación, os axentes víronse na necesidade de proceder á identificación dun individuo, cliente do local, que increpou aos axentes, tentando interromper o labor policial en varias ocasións, chegando a animar ao resto de persoas presentes contra os axentes, motivo polo cal foi denunciado por unha infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.
Inspección de establecementos situados na rúa Luís Seoane e rúa Vilalba: á primeira hora da mañá do domingo 17 son denunciados por unha presunta infracción moi grave á Ordenanza de Contaminación Acústica, por non evitar que os clientes efectúen as súas consumicións fóra do local, na vía pública, co consecuente trastorno a pacífica convivencia veciñal.
Inspección de establecemento situado na rúa Mar Cantábrico: prodúcese un requirimento por molestias do volume de música procedente do citado local, comprobando os axentes que se está levando a cabo unha actuación musical en directo, carecendo da preceptiva autorización, polo que se levanta acta.
Control do mercadillo de Frigsa.- Os axentes que formaban parte do dispositivo de vixilancia e control do mercadillo celebrado no Parque da Milagrosa o pasado venres 15, observaron a presenza de catro persoas que instalaran postos de venda, de roupa e outros obxectos varios, sen estar en posesión da preceptiva autorización municipal, motivo polo cal foron requiridos para deixar libre o espazo público, confeccionado acta - denuncia por unha presunta infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por ocupación de vía pública para a venda ambulante sen autorización.
Actuacións relevante en materia de seguridade cidadá
Durante a mañá do venres 15 recíbese aviso dunha pelexa fronte a un local de hostalería da Praza Maior, polo que se comisionan no lugar varios indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio. Os axentes obteñen información sobre unha pelexa que se produciu entre dúas persoas, unha das cales se atopa presente, aínda que non necesita asistencia médica. Os axentes proceden a un cacheo superficial do home, achándolle un envoltorio contendo unha substancia, presuntamente cocaína, o cal lle é intervido, confeccionando acta - denuncia por unha infracción á Lei de Seguridade Cidadá. (Se adxunta fotografía).
O mesmo venres, ás 23’45 horas, recíbese requirimento por unha persoa que ameaza ao persoal dun local de hostalería sito na Praza da Constitución, polo que se desprazan ao lugar axentes do Grupo Operativo Nocturno, que comproban que se trata do mesmo suxeito, o cal, segundo información dos traballadores do establecemento, leva varios días causando molestias, polo que xa presentaron varias denuncias.
Ás 00’55 horas os axentes volven intervir co mesmo individuo, esta vez nun local de hostalería de rúa Bispo Aguirre, onde se negou a abonar unha conta de 116 euros, sendo a requirente informada dos pasos a seguir para formalizar denuncia polos feitos.
Durante a madrugada do venres 15, os axentes do Grupo Operativo Nocturno tamén procederon á incautación dunha substancia, presuntamente haxix, que portaba o acompañante dun vehículo cuxa condutora estaba a ser sometida ás probas de detección do grao de impregnación alcohólica e drogas, a cal manifestou que ela non consumira ningún tipo de droga, pero que o seu acompañante si, o que motivou que se procedese ao seu cacheo.

