COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Venres, 05 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Inspección establecemento público

Na madrugada do día 4 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, realizan inspección nun establecemento de lecer nocturno, próximo ao recinto histórico, levantándose SEIS actas de denuncia polas seguintes infraccións:

Lei de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia.

- Carencia do contrato de seguro de responsabilidade civil.

- Carencia de persoal habilitado encargado do control de acceso.

Decreto de desenvolvemento da Lei de Espectáculos.

- Carencia de caixa de primeiros auxilios de primeiros auxilios.

- Carencia de cartel de información relacionada co dereito de admisión.

- Carencia de cartel contendo datos relativos ao titular, aforo, horarios etc.

Ordenanza de Contaminación Acústica

- Permitir sacar vasos do establecemento á vía pública.

Ruídos en interior de inmoble

A madrugada do día 5 de xuño unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da zona sur da cidade, xa que os veciños quéixanse dos ruídos que xera unha festa de mozos nun rocho do edificio. Os axentes proceden á identificación do fillo do propietario do rocho, manifestando que están a celebrar unha festa de amigos, comprobando os policías que é menor de idade, estando en compañía doutros 5 mozos, catro deles menores de idade e un maior de idade, consumindo alcol e fumando. Ante tal situación póñense estes feitos en coñecemento do propietario do rocho, o cal se presenta no lugar e a preguntas dos axentes manifesta que é coñecedor da actividade que está a levar acabo o seu fillo e que lle consente o consumo de bebidas alcohólicas. Os axentes comproban tamén que no rocho hai unha pequena barra, un vertedoiro e unha neveira, un altofalante para conexión con equipo de música e focos para dar ambiente ao local, polo que se levanta acta para o seu traslado ao órgano competente  para a apertura do correspondente expediente sancionador.

Noticias relacionadas