COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Luns, 20 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecendo diversos filtros de seguridade viaria en vías do caso urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (3)

- Na rúa Luis Seoane, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo detecta un vehículo circulando pola zona peonil, dándolle o alto e observando que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

- Accidente de circulación na rúa Armórica, onde un vehículo causa danos a outro estacionado, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,85 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

- Na rúa Marina Española, unha patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo, comprobando que o seu condutor CARECE de permiso de condución, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (6)

- Rolda do Carmen. Condutor que lanza resultado POSITIVO de 0,30 mg/l.

- Rolda da Muralla. Condutor detectado con signos de embriaguez, é sometido ás probas de detección, lanzando un resultado POSITIVO de 0,32 mg/l.

 - Angelo Colocci. Condutor que é parado nun control, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l.

- Flor de Malva. Condutor que non respecta un sinal de Stop, presenta signos de embriaguez, lanzando resultado POSITIVO de 0,50 mg/l.

- Marina Española. Condutor ao que se lle somete ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l.

- Camiño Real. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,60 mg/l.

Os tres primeiros condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e os tres últimos con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos. Inmobilizáronse os vehículos.

Seguridade cidadá

A madrugada do día 17, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta en cálea Catedral a un mozo que estaba a fumar hachis, sentado no rellano da entrada dunha vivenda, ante a mirada do resto de persoas que se achaban no lugar e outro queimando parte dun anaco de hachis para facer un “porro”, sendo ambos os sometidos a un rexistro e achándose no seu poder 8 gramos de hachis a cada un, sendo intervidos e levantándose actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción para cada un deles, que no grao mínimo comprenderá unha multa de 601 a 10.400 euros, podendo chegar a 30.000 euros.

Inspección establecementos de hostalería

O día 14 de maio, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, realiza inspección a un establecemento da zona norte da cidade, levantando acta de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas, ao estar aberto ás 4,10 horas, cando a súa licenza é de café bar, habendo persoas no seu interior consumindo bebidas, tendo que pechar ás 2,30 horas.

Na zona sur da cidade levántanse tres actas a outro local de hostalería por infracción á Lei de Emprendemento de Galicia, por:

- Non comunicar o cambio de titularidade de actividade.

- Levar a cabo a actividade sen comunicación previa.

- Deficiencias no servizo de prevención (alarma e extintores).

Así mesmo é denunciado por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por instalación dunha terraza sen autorización.

Condutas incívicas

A noite do día 14, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno sorprendeu, na Praza Viana do Castelo, a unha persoa depositando unha bolsa de lixo na beirarrúa, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Accidentes de circulación e delitos contra a seguridade viaria

A tarde do día 18 un equipo de Atestados desprázase á Ronda das Fontiñas onde se produciu un accidente de circulación, observando os axentes que o condutor responsable presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado de 0,82 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Na madrugada do día 20 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprázanse á Ronda das Fontiñas xa que se produciu un accidente de circulación, observando que un vehículo chocara contra un turismo estacionado, desprazándose e chocando á súa vez contra outro vehículo. Como consecuencia do primeiro impacto o turismo causante xira sobre se mesmo 90º, chocando con ángulo traseiro dereito contra o traseiro esquerdo doutro vehículo, estacionado na marxe contraria. O condutor causante do accidente presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (foto)

Accidente de circulación e drogas

A mañá do día 16 un equipo de Atestados desprázase á Avenida Infanta Elena xa que se produciu un accidente de circulación, observando que un vehículo chocara coa súa parte lateral dereita contra un poste de luz, despois de facer unha “buxaina”, presentando o condutor signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC, instruíndose as oportunas dilixencias. (foto)

 

Multimedia

  • COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Noticias relacionadas