COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Servizos prestados durante a fin de semana do 1-3 de setembro

 
Luns, 04 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Molestias por concentración de persoas en vía pública

Ás 6’20 horas do venres, tras recibir varias chamadas na Sala do 092 sobre unha concentración de persoas na rúa Pousa Antelo causando molestias polo ruído, rompendo vasos e xogando ao fútbol, se comisionan no lugar varios indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio. Unha vez no lugar, os axentes comproban que a maioría de mozos concentrados no lugar auséntanse ante a presenza policial, aínda que se procede á identificación dun mozo que xogaba cun balón nese momento, que dixo atopalo no lugar, polo que foi retirado para dependencias policiais ao non ser da súa propiedade; así como dunha moza que consumía bebidas alcohólicas na vía pública, polo que foi denunciada por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Os axentes tamén requiriron a intervención dos servizos de limpeza, para que procedesen a retirar a sucidade e cristais rotos que había sobre o pavimento.

Ás 00’20 horas do sábado, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno trasládase a unha vivenda de Salvador de Madariaga, onde varios veciños quéixanse das molestias causadas por unha festa. Os axentes entrevístanse co morador da vivenda, que manifesta que só tiña a música co móbil, pero que a apaga enseguida, sendo requirido tamén para que baixe o volume do televisor, xa que se escoitaba perfectamente desde a vía pública.

Manchas de combustible e aceite en vía pública por avaría de vehículo

Ás 13’30 horas do mesmo día, a Sala do 092 recibe información sobre a existencia de líquidos deslizantes sobre a calzada en varios puntos da cidade, ademais dunha furgoneta avariada na Ronda das Fontiñas. Os axentes comproban a situación da furgoneta, cuxo condutor manifesta que se lle parou no lugar, polo que os policías axúdanlle a trasladala fóra da calzada, xa que se atopaba cortando o tráfico rodado. Tamén poden comprobar que había vertedura líquidos sobre a calzada e que, posiblemente tamén o fixese nos outros lugares indicados, xa que seguira ese itinerario. Deuse aviso aos servizos de limpeza, que deixaron a calzada en condicións normais de utilización.

Persoa causando danos en portal de edificio / Incautación de arma branca

Ás 16’55 horas do venres, varios indicativos de Policía de Barrio foron comisionados nun edificio de Camiño Real, xa que unha persoa causara danos na porta do portal e atopábase retida no lugar. Os axentes comproban que o cristal dunha das follas da porta atópase fracturado, manifestando o suxeito alí presente, que se atopa sangrando por unha man, que un dos moradores pecháralle a porta e el viuse na necesidade de detela coa man para que non lle golpease. A versión non ofreceu credibilidade aos axentes, xa que o cristal que se atopaba roto era o correspondente á folla da porta fixa e non da practicable.

Aínda que nun primeiro momento, nun cacheo superficial, os policías non acharon ningún obxecto ou substancia prohibidos en poder do suxeito, seguindo indicacións dos veciños, que dicían ver como lanzaba un obxecto á papeleira próxima, finalmente puideron achar un coitelo, de 20 cm. de folla, que inicialmente portaba o home, motivo polo cal se procedeu á súa intervención, confeccionando denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por portar unha arma prohibida en vía pública.

O representante dos veciños do inmoble foi informado do procedemento para seguir para denunciar os danos sufridos.

Identificación de suxeito por presunto intento de agresión sexual

Ás 5’10 horas do sábado, cando un indicativo do Grupo Operativo Nocturno realiza patrulla preventiva pola Praza de Casas Novoa, observan un altercado entre un grupo de mozos, motivo polo cal solicitan o apoio doutro indicativo, que se presenta de inmediato.

Os axentes comproban que se trata dun grupo de mozos que tenta protexer a unha rapaza, pertencente ao grupo, doutro home, o cal, segundo ela mesma, levaba toda a noite acosándoa, a pesar de que ela manifestaba a súa desconformidade, polo que, polo menos nunha ocasión, tiveron que intervir os seus amigos para separar ao home dela.

Inicialmente a muller, visiblemente afectada, manifestou a súa intención de denunciar os feitos, aínda que, cando unha das patrullas ausentouse do lugar co individuo, para proceder á súa identificación e comprobar se tiña algunha causa pendente coa xustiza, finalmente declarou que non quería formalizar ningún tipo de denuncia.

Auxilio a cidadán que manifesta padecer esquizofrenia

Ás 11’10 horas do sábado, dous indicativos da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasládanse a unha farmacia do centro da cidade, desde onde informaran á Sala do 092 sobre unha persoa que se atopaba no lugar que se mostraba moi alterada, manifestando padecer esquizofrenia e necesitar medicación, que eles non lle podían facilitar sen receita previa. Os axentes contactan con quen resulta ser un home, de 24 anos de idade, que finalmente é trasladado ao HULA.

Unha vez no centro médico, os axentes son informados de que xa coñecen ao rapaz e que non existe un trastorno psiquiátrico real, que actúa dese modo para conseguir medicación, especialmente benzodiazepinas, as cales, segundo el mesmo relatou ao persoal sanitario nalgunha ocasión, vende con posterioridade.

Ás 1’25 horas do domingo, os axentes do Grupo Operativo Nocturno deben trasladarse ao PAC de Fingoy, onde un suxeito esixe a subministración de pastillas de Trankimazin, comprobando que se trata do mesmo individuo, que protagonizou diversos incidentes na cidade durantes os últimos días.

Ás 6’45 horas do domingo, a Sala do 092 recibiu información sobre unha persoa lesionada na Rúa Pousa Antelo, polo que comisionó no lugar un indicativo de Policía de Barrio. Os axentes localizan a un home que presenta feridas na boca e atópase mareado, manifestando ser agredido por un grupo de mozos, dos cales non pode achegar ningún dato, sen ningún motivo.

Os policías procederon á identificación de testemuñas para iniciar as indagacións necesarias para a identificación dos presuntos autores da agresión, requirindo tamén a presenza de servizos sanitarios, que evacuaron ao ferido ao HULA.

Ás 10’00 horas do mesmo día, a Sala do 092 recibe información sobre unha persoa inconsciente na Rda. Fontiñas. Se comisiona de inmediato un indicativo de Policía de Barrio, que localiza a un home que, tendido sobre a beirarrúa, está a recuperar o coñecemento e chega a incorporarse por completo, manifestando consumir cocaína, heroína e trankimazín, polo que finalmente foi trasladado ao HULA pola ambulancia que fora requirida con anterioridade.

Filtros de seguridade viaria

Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo polo Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados, durante a fin de semana, puidéronse detectar e denunciar as seguintes infraccións:

1 vehículo que fai caso omiso á luz vermella dun semáforo para vehículos.

1 vehículo que circula coas placas temporais caducadas, carecendo por tanto de permiso de circulación, polo que é retirado ao depósito municipal.

1 vehículo que non foi sometido á ITV no prazo regulamentario.

1 vehículo que non tiña concertado o seguro obrigatorio.

4 alcoholemias de carácter administrativo, con resultados de 0.64 e 0.65, 0.63 e 0.65, 0.51 e 0.53, e 0.37 e 0.39 mg/L, sendo os condutores sorprendidos na Avd. de Ramón Ferreiro, Avd. Adolfo Suárez e en Camiño Real.

Noticias relacionadas