Venres, 30 de setembro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa
Filtros de seguridad vial
No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte resultado:
- Na Avenida da Coruña detéctase a condución irregular dun vehículo, comprobándose que o seu condutor CARECE de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, sendo sometido ás probas de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en Cocaína, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e inmobilizando o vehículo.
- Na Avenida de Madrid dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.
- Na madrugada do día 30 de setembro nun control establecido en Camiño Real sorpréndese a un condutor que CARECÍA de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e inmobilizando o vehículo.
- Dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza unha taxa de alcol de 0,36 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.
- Nun control dean a Rolda da Muralla sorpréndese a un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. Inmobilizouse o vehículo.
- Detéctase outro condutor que lanza unha taxa POSITIVA de 0,36 mg/l e como no caso anterior ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedendo á inmobilización do vehículo.
- Así mesmo detéctase un condutor que se achaba en estado de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,14 mg/l (case CINCO veces máis que a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo á inmobilización do vehículo.