Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 30 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con alcoholemia

Na tarde do día 28 un equipo de Atestados desprázase á rúa Xenebro xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación, observando os axentes como un vehículo encaixouse contra o mastro dun sinal vertical, dándose á fuga o condutor e abandonando o vehículo.

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo localiza de inmediato ao condutor no seu domicilio, o cal recoñece os feitos, presentando signos de acharse embriagado, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 1,08 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (foto)

Filtros de seguridade viaria

Durante a fin de semana do 26 ao 28 de maio/23, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, realizando diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, obtendo o seguinte resultado:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Rolda das Mercedes. Vehículo que é parado nun control, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,84 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Camiño Real. Detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que se condutor áchase baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Avenida da Coruña. Detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido compróbase a través das bases de datos policiais como o seu condutor CARECE de permiso de condución por PERDA TOTAL DOS PUNTOS ASIGNADOS, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Rúa Mallorca. Detéctase a circulación dun vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

Nos diferentes controis estáticos e dinámicos detectáronse as seguintes alcoholemias administrativas:

Dispositivo Estático en Camiño Real: Detéctanse CATRO condutores que lanzaron POSITIVO  nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos:

  • POSITIVO 0,52 MG/L
  • POSITIVO 0,41 MG/L
  • POSITIVO 0,40 MG/L
  • POSITIVO 0,30 MG/L

Ao primeiro condutor abríuselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos e aos tres restantes multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Na rúa San Roque detéctase un condutor embriagado que lanza un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l.

Na rúa Mallorca, detéctase un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l nas probas de alcoholemia realizadas.

En ambos os casos abriuse expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e en todos os casos inmobilizáronse os vehículos.

Axuda humanitaria

Na mañá do día 29 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Calzada das Gándaras xa que ao parecer unha muller de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse.

Os axentes achan a esta persoa no dormitorio, que a incorporan e déitana na cama, momento no que perciben que se marea polo que é auxiliada, requirindo a presenza dunha ambulancia, trasladándoa a un centro médico para a súa atención.

Noticias relacionadas