Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 29 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e positivo en drogas

Na tarde do día 28 de novembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Lavandeira xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación, comprobando que na confluencia coa rúa Angelo Colocci dous vehículos chocaran e como consecuencia do impacto uno deles sofre un desprazamento, chocando contra un muro de peche na rúa Lavandeira.

Os axentes observan que este condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes polo que é sometido a unha proba de drogas, lanzando un resultando POSITIVO en COCAÍNA, polo que se instrúen as oportunas dilixencias. (foto)

Accidente de circulación con ferido leve

Na mañá do día 28 de novembro un equipo de Atestados acode á confluencia das rúas Fisterra e Pedáneo Xoan Diego, xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo non respecta un sinal de STOP, chocando contra outro vehículo, rexistrándose ademais de danos materiais, lesións nun dos condutores, que a primeira ollada non revisten gravidade.

Venda ambulante non autorizada

Na mañá do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con ocasión da celebración do mercadillo semanal, procede á identificación e denuncia por ocupación de espazo público para venda ambulante non autorizada, a unha persoa que se realizaba tal actividade, procedendo á intervención de diversas pezas de roupa.

Así mesmo esta persoa tivo que ser conducida a dependencias policiais para a súa completa identificación xa que se negaba a identificarse, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de ata 30.000 euros.

Noticias relacionadas