Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 25 ao 27 de outubro.

Martes, 29 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Operativo conxunto de Policía Nacional e Policía Local para a inspección de establecementos  de hostalería

A noite do 25 ao 26, por efectivos da Policía Local de Lugo e da Policía Nacional, estableceuse un dispositivo conxunto para o control da actividade de establecementos de lecer nocturno, realizando inspeccións en tres establecementos da cidade. O primeiro na rúa Amor Meilán, outro de Pintor Villamil e o terceiro en Camiño Real, co seguinte balance:

  • Se han levantando entre os tres locais 11 actas de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos públicos e Actividades Recreativas, polas seguintes infraccións, detectadas algunha delas en varios locais:
  • Carecer de persoal habilitado encargado do control de acceso.
  • Carecer de cartel identificativo da actividade, horarios de apertura e peche, titularidade, aforo e decibeis permitidos. (infracción detectada nos tres locais).
  • Exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido.
  • Instalación dunha mesa de billar e un futbolín carecendo de autorización.
  • Indispoñibilidade ou carencia de aptitudes de extintores. (infracción detectada en dous locais).
  • Non presentar seguro de responsabilidade civil. (infracción detectada en dous locais).
  • Carecer de caixa de primeiros auxilios para primeiros auxilios.
  • Procedeuse tamén á identificación de 31 persoas que se achaban no interior destes locais, procedendo a levantar dúas actas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, ao intervir certa cantidade de droga e 1 arma branca.

Filtros integrais de seguridade

Durante a fin de semana, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, establecéronse diversos filtros de seguridade en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, destacándose o seguinte:

DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA

  • Na rúa San José detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser dado o alto obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,87 mg/l., instruíndose dilixencias por delicto contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Xosé Castiñeira sométese a un condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,63 mg/l., instruíndose dilixencias por delicto contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

SEGURIDADE CIDADÁ

  • Levántase acta por infracción á Lei de Seguridade Cidadá ao sorprender a DOUS mozos na Praza da Soidade consumindo substancias estupefacientes en vía pública, intervíndose cigarros de hachis e dúas bolsas que contiñan esta substancia.
  • Sorpréndese a un mozo na rúa Mariña Española que portaba unha navalla cunha folla de 8 centímetros, sendo intervida para a súa remisión á Intervención de Armas, sendo denunciado por infracción grave á Lei de Seguridade Cidadá.

PRECINTOS POR EMBARGO

  • No transcurso destes controis detectáronse dous vehículos sobre os que pesaba mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladados ao Depósito Municipal polo Servizo de Guindastre, quedando precintados a disposición do órgano competente.

TRANSPORTES

Así mesmo foi detectado un camión de transporte de mercadorías perigosas que carecía dos extintores regulamentarios, abríndose expediente sancionador á normativa de Transportes.

Axuda humanitaria

  • A noite do día 27, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é informada pola Sala do 092 de que unha muller alertaba que desde hai horas non sabe nada do seu marido, cando ao parecer saíu do HULA e enviou unha mensaxe inquietante.

Os axentes comprobaron que dita persoa non fora atendido no devandito centro hospitalario, trasladándose ao Puente Novo onde esta persoa enviara unha foto a un amigo, pero non se atopaba no lugar, sendo localizado no interior do seu vehículo preto do Río Miño, nervioso e preocupado xa que estaba a pasar por un mal momento, sendo auxiliado e tranquilizado polos policías que requiriron unha ambulancia que o trasladou ao HULA para a súa atención médica, sendo acompañado no interior da ambulancia por axentes deste Corpo.

  • A noite do día 26 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo trasládase a un edificio da zona norte da cidade xa que ao parecer un home de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse, sendo auxiliado polos axentes que o incorporan e trasladárono ao seu dormitorio, rexeitando asistencia médica ao non causarse lesión.
  • O mediodía do día 27 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase a unha praza da zona norte da cidade xa que varias persoas alertan que un neno pequeno camiña só sen compañía dun adulto. Os axentes localizan ao neno duns tres anos, facéndose cargo do menor e iniciando as investigacións para localizar aos seus pais, sendo localizados no interior dun local de culto, manifestando que os nenos quedaron a cargo doutros máis maiores, mentres cumprían coa súa relixión, descoñecendo que se extraviou, facéndose cargo del e levantando acta de intervención para a súa remisión ao órgano competente de Menores.

Intervención por altercado nun edificio

A madrugada do día 26 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da zona norte da cidade xa que unha familia denunciaba ameazas doutros veciños do inmoble.

Ao comparecer os axentes foron informados polos requirentes que tiñan un conflito cuns veciños motivado pola coada que ten tendida no pasamanos das escaleiras, o que xerou unha discusión e mesmo algunha que outra agresión, así como ameazas, polo que se procedeu á identificación de todos os participantes, en total catro veciños, confeccionando o correspondente parte de intervención á espera da presentación das denuncias oportunas, para a instrución de dilixencias e a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas