Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 29 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Durante dos días 27 e 28 de xuño, os indicativos de Policía Local realizaron as seguintes intervencións:

Filtros de seguridade viaria

Nos filtros de seguridade viaria levados a cabo pola Unidade Territorial de Policía de Barrio, o Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados detectaron as seguintes incidencias:

  • 4 condutores que arroxan resultado positivo nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos, con resultados de 0’52 - 0’44 / 0’41 - 0’43 / 0’39 - 0’40 / 0’51 - 0’46 / 0’45 mg/l; polo que foron denunciados administrativamente.
  • 2 condutores investigados por presuntos delitos contra a seguridade viaria, ao arroxar resultados de 0’83 - 0.72 e 1’08 - 0’92 mg/l nas probas de alcoholemia á que foron sometidos. Ao segundo deles foi necesario realizarlle as probas até en cinco ocasións, toda vez que a súa intención era enganar aos aparellos, deixando de insuflar aire ou ben parando e interrompendo a proba nas devanditas ocasións.
  • 1 condutor denunciado administrativamente, ao arroxar un resultado POSITIVO, por consumo de drogas, THC.

Noticias relacionadas