Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 29 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

A madrugada do domingo 28, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, que realizaban un filtro de seguridade viaria na rúa Dinán, dan o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,39 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. Cando os axentes estaban a notificar a sanción ao condutor, un home que viaxaba no asento do acompañante dese vehículo, sitúase no posto de condución, acciona o motor e inicia a marcha, sendo interceptado polos axentes que se achaban no control, cando xa ocupaba o carril esquerdo de circulación, conseguindo un dos policías abrir en marcha a porta do vehículo e agarrar ao condutor ata poder paralo, cunha clara intención de fuxir do lugar, procedendo á súa identificación e comprobando que carece de permiso de condución por non obtelo nunca, observando tamén que presenta signos de acharse embriagado, sendo requirido para someterse ás probas de alcoholemia, negándose a iso, polo que se instrúen dilixencias contra este condutor por tres delitos contra a seguridade viaria:

  1. Negativa á realización de probas de alcoholemia.
  2. Conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
  3. Carecer de permiso de condución, sendo remitidas ao Xulgado de Garda e inmobilizando o vehículo.

Cinco minutos máis tarde desta intervención dáse o alto na mesma vía a outro condutor que presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado positivo de 0,78 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na Praza de Fonte do Rei, dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,85 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Alcoholemias administrativas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, estableceron diversos filtros de seguridade viaria, en vías do centro urbano, detectándose os seguintes condutores con taxas de alcol superiores ás regulamentariamente establecidas:

  • República Arxentina. Condutor con resultado POSITIVO de 0,35 mg/l.
  • Fonte do Rei. Condutor con resultado POSITIVO de 0,43 mg/l.

Estes dous condutores foron sancionados con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo sorprendeuse a outros dous condutores que lanzaron resultados POSITIVOS de:

  • 0,60 MG/L.
  • 0,61 MG/L.

Estes dous condutores foron sancionados con multas de 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo no transcurso destes filtros detectáronse as seguintes infraccións graves á normativa de seguridade viaria:

  • 7 condutores que non presentaran os seus vehículos a ITV no prazo debido.
  • 1 condutor denunciado por circular con ITV desfavorable.
  • 1 condutor denunciado por portar placas de matrícula temporal de exportación caducadas. Procedeuse á súa intervención.
  • Intervención dun permiso de condución por caducidade.

Intervención en establecemento de hostalería

A noite do día 28, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, acode a un local de hostalería da Ronda das Fontiñas, xa que ao parecer un cliente négase a abonar as consumicións, procedendo os axentes para identificar a esta persoa que manifesta que o propietario do bar é amigo seu e permítelle realizar o abono das consumicións en momentos posteriores, levantando os axentes o correspondente parte de intervención á espera da oportuna denuncia.

Noticias relacionadas