
Detención dun condutor
Na madrugada do día 28 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un local de hostalería da Praza de Augas Férreas, xa que ao parecer unha parella estaba a increpar aos empregados do establecemento e ao resto de clientes.
Os axentes observan que a parella se acha fóra do local, presentando signos de embriaguez, proferindo insultos e vexacións aos camareiros e resto de clientela, sendo identificados polos policías que trataron de acougalos, pero lonxe diso, facendo caso omiso ás indicacións dos axentes, o home sóbese ao seu vehículo e pono en marcha, procedendo a interceptalo e sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l, inmobilizándose o vehículo.
Ante tal situación ordénaselle que non pode conducir o vehículo ata que se levante a inmobilización, manifestando nun primeiro momento que así o fará e que se introduce no mesmo para durmir. Que pasado uns minutos o patrulla volve ao lugar onde está o vehículo inmobilizado, observando que se puxo en movemento, quebrantando a inmobilización o condutor, sendo interceptado, tendo necesidade de cruzarlle o vehículo policial xa que non facía caso aos sinais de emerxencia do vehículo policial e a súa intención era fuxir do lugar.
No momento que os axentes descenden do vehículo e aproxímanse ao condutor este fai ademán de atropelalos, proferindo ameazas de morte, esquivando os axentes as manobras, logrando poñerse á altura da porta do condutor e interceptalo, con grave risco para a súa integridade física, baixándoo do vehículo, procedendo á súa inmobilización e detención polos delitos antes descritos, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen as oportunas dilixencias para o Xulgado de Garda.
Alcoholemia administrativa
Así mesmo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola Avenida de Rodríguez Mourelo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,60 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.