
Precinto de local de lecer nocturno
Na madrugada do día 28 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que un local de lecer nocturno da rúa Galicia estaba aberto ao público, a pesar de que ten unha orde de suspensión do funcionamento de actividade polas intervencións que levaron a cabo por parte da Policía Local, que proban a existencia de contaminación acústica, despois de diversas medicións realizadas, procedendo ao desaloxo do establecemento e ao seu precinto. (Adxúntase imaxe)
Delito contra a seguridade viaria
Un equipo de Atestados do Corpo da Policía Local de Lugo detecta na Avenida de Infanta Elena a circulación dun vehículo cuxo condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN, por perda de vixencia ao perder todos os puntos do permiso de condución, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Accidente de circulación con ferido
Sobre as 20:00 horas do día de onte un equipo de Atestados do Corpo desprázase á Rolda da Muralla xa que se producira un accidente de circulación, no que o condutor dunha bicicleta chocara por alcance contra a parte traseira dun vehículo, caendo aquel ao chan e tendo que ser trasladado por unha ambulancia a un centro médico, presentando aparentemente feridas de carácter leve, instruíndose as oportunas dilixencias.