Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 28 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Controis de velocidade

No día de onte 27 de setembro por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo establecéronse diferentes controis de velocidade en vías do centro urbano, onde se detecta un incremento de accidentes de circulación, co emprego dun vehículo policial dotado de cinemómetro, controlando 1339 vehículos e denunciando a 26 condutores por pasar o límite de velocidade establecido para as vías, que era de 50 km/h.

O obxectivo destes controis é o de vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade nas rúas da cidade, concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida para a vía e a REDUCIÓN DA SINISTRALIDADE VIARIA.

Noticias relacionadas