Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 28 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por roubo

A noite do día 24 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Aquilino Iglesias Alvariño xa que ao parecer unha persoa ten retidos a dous homes aos que sorprendeu roubando no interior dun vehículo.

Os axentes preséntanse de inmediato e son informados polo requirente que, cando se dirixía ao seu vehículo, observa a dous homes no interior dun vehículo propiedade dun veciño, sendo detidos polos policías que lles someten a un rexistro achándolles tarxetas de crédito, carteira, dous teléfonos móbiles, unha navalla, un coitelo e un mando de garaxe, sendo trasladados a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda, localizando ao propietario do vehículo que se fai cargo del, presentando a correspondente denuncia.

Dáse a circunstancia que estes dous homes son os mesmos que foron detidos o día anterior polo roubo dunhas botellas de aceite e de licor, nun local da zona de Campos Novos.

Detención por delito de violencia de xénero

A madrugada do día 25 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acudan á rúa San Roque, xa que ao parecer un home está a ser agredido por unha muller.

Os axentes preséntanse de inmediato e localizan a unha parella con signos de acharse embriagados, entrevistándose separadamente con cada un deles, manifestando o home que a súa parella púxose celosa ao velo falar con outra muller, iniciando unha discusión.

A muller manifesta que o que se puxo celoso foi a súa parella e que no transcurso dunha discusión agrediuna, presentando hematomas na axila e no brazo, motivo polo cal se procede á detención do home de 49 anos, por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Noticias relacionadas