
Servizos destacados da fin de semana do 24 ao 26 de decembro/21
Detención por delito contra a seguridade viaria, negativa a someterse ás probas de detección alcohólica e/ou drogas e por atentado a axentes da autoridade.
Sobre as 9,45 horas do día 25 de decembro/21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta pola rúa Dtr. Balanza a circulación irregular dun vehículo. Tras falar co condutor obsérvase que presenta signos de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas e/ou drogas, sendo requirido para que se someta ás probas regulamentariamente establecidas, NEGÁNDOSE a iso en repetidas ocasións, a pesar de que foi advertido polos axentes que esta conduta podería ser constitutiva de delito, comezando a comportarse de maneira agresiva cara aos policías.
Que ao comparecer o guindastre municipal para retirar o vehículo ao depósito, por carecer de seguro e estar o condutor implicado nun delito contra a seguridade viaria, o condutor tenta introducirse no turismo, entorpecendo o labor de enganche e nun momento determinado pecha violentamente a porta do vehículo contra a man dun dos axentes que estaba a intervir, causándolle lesións, tirándose encima do capó do coche e abolándoo co seu peso.
Que novamente se encara cos policías polo que é reducido, inmobilizado e esposado, procedendo á súa detención, ofrecendo grave resistencia.
Que inicialmente é conducido a un centro médico, mantendo unha actitude agresiva e posteriormente á Xefatura da Policía Local onde fractura un cristal do hall de entrada, lanzando patadas aos actuantes sen chegar a impactar.
Así mesmo durante o traslado causa danos ao vehículo policial, dobrando o marco do portelo da porta traseira esquerda.
Por estes feitos instrúense dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria, un por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicos e/ou drogas e outro pola negativa para someterse ás probas regulamentariamente establecidas.
Así mesmo instrúense dilixencias contra este condutor, de 23 anos de idade e con domicilio nesta cidade, por un delito de atentado a axentes da autoridade, resistencia e desobediencia grave e danos á propiedade municipal.
Filtros de seguridade viaria
Durante a fin de semana establecéronse diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano.
Ás 2,00 horas do día 24 de decembro instrúense dirigencias por delito contra a seguridade viaria contra a condutora dun vehículo que foi sorprendida, na confluencia de calle Marqués de Ombreiro con río Mandeo, co motor en marcha e durmida no seu posto de condución, obstaculizando o carril de circulación e sobre un paso de peóns. Foi sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,88 mg/ l, procedendo á inmobilización do vehículo.
Ás 5,00 horas do mesmo día detéctase a circulación irregular dun vehículo pola rúa Angel López Pérez, observando que a condutora presentaba signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/ l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Ás 13,00 horas do día 26 de decembro/21 detéctase a condución irregular dun turismo pola avenida de As Fontiñas, observando que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,58 mg/ l. Así mesmo practícanselle as probas para comprobar a presenza de drogas no organismo lanzando un resultado POSITIVO en THC e COCAÍNA, abríndose expedientes sancionadores de 2.000 euros e a retirada de 12 puntos do permiso de condución e inmobilizando o vehículo.
Ás 21 horas do día 26 de decembro o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo é requirido por unha patrulla da Garda Civil xa que tiñan detido a un condutor na Avenida Infanta Elena. Obsérvase que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,19 mg/ l (case cinco veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo que conducía.
Control medidas COVID
Levantáronse 9 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a outras tantas persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara obrigatoria. Un destes denunciados foi un controlador de acceso a un establecemento de lecer nocturno situado no centro histórico.
Así mesmo levántase acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao realizar inspección nun local de lecer nocturno da Rolda dá Muralla e detectar que había no seu interior unhas 50 persoas, ás 3,30 horas, e unha gran cantidade de fume- efecto megatrón- (nube de gases de cor branca moi denso). Obsérvase que a pantalla do medidor de CO2 é 3,5 veces superior ao permitido, polo que se procede ao desaloxo do local, dada a elevadísima concentración de CO2, con risco para a saúde das persoas.
Tamén se levantaron dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por desobediencia aos axentes da autoridade por negarse a identificarse dous mozos de 24 e 27 de idade. Foron conducidos a dependencias policiais para a súa completa identificación.
Por outra banda foron denunciados dous mozos por infracción á Lei de Residuos, ao ser sorprendidos ás 4,00 e 4,20 horas respectivamente, do día 24 de decembro/21, ouriñando contra a Catedral na Travesía de Dean Fernández Varela e contra a fachada do edificio de Cáritas na rúa da Cruz. Foron propostos para sanción de ata 900 euros.