Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 26 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Durante a madrugada do día 26 de novembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio da Unidade de Atestados do Corpo, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria, detectándose ás 0:40 horas un vehículo estacionado totalmente sobre a beirarrúa de Camiño Real, cuxo condutor ao decatarse da presenza policial continuou a marcha, sendo parado momentos despois, comprobándose que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,09 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria e trasladando o vehículo ao depósito municipal onde queda inmobilizado.

Sobre as 5:00 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola Rolda da Muralla, comprobando que o condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 048 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, sendo o vehículo trasladado ao depósito onde queda inmobilizado.

Ruídos en interior de vivenda

Sobre as 23:50 horas do día 25 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da rúa Irmáns Vilar Ponte xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que se escoita desde o recibidor da vivenda o que parece a celebración dunha festa, pois se perciben niveis altos de ruído, vibracións, voces e música en ton moi alto, incompatible co descanso nocturno, procedendo á identificación da responsable, a cal manifesta que está a celebrar unha festa, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Ás 00:50 horas do día 26 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno acode a un inmoble da rúa Cornubia xa que os veciños quéixanse de ruídos molestos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que se está levando a cabo unha festa de fin de ano universitario, identificando ao responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fan ao instante xa que as persoas que participaban abandonan a vivenda, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas